Home
 
Benvida/o a Canon
Un mundo onde facer realidade os teus desexos. Tecnoloxía, Experiencia e Servizos ao alcance de todos.
   
 
quen_somos   información   accesouno   catálogos   drivers   contacto   ¦   asistencia_técnica  
 
 

SISTEMAS

Pack's de Asistencia Técnica Avanzada

Asistencia de segundo nivel para empresas e organizacións con Responsábel de Informática propio

Canon Ourense ofrece unha nova modalidade de soporte Técnico para aqueles clientes que xa contan cunha persoa dentro da súa empresa que é capaz de resolver pequenas incidencias mais que precisa axuda externa ou asesoramento para solventar problemas máis complexos ou avarías graves de hardware. Para estes casos nós temos a peza de soporte que encaixa na súa organización: os Pack's de horas de Asistencia pre-pago.

Características:

  • Os pack's abónanse por anticipado (pre-pago) e dan dereito ao acceso ás prestacións dun Mantemento infoSoporte-5 PRO para calquera equipo designado polo cliente.
  • A resolución de calquera incidencia Técnica suporá o desconto inmediato do tempo investido na mesma do saldo xeral a disposición do Cliente nese intre.
  • As consultas remotas (telefónicas, email, etc.), cun tempo de resolución inferior a 10m, non suporán diminución no saldo xeral de horas do cliente.
  • As asistencias 'in-situ' conlevarán unha penalización de tempo en concepto de "desprazamento" que se incrementará automaticamente ao tempo real de resolución da incidencia segundo un baremo pre-establecido.
  • Os pack's non terán data de caducidade.

Vantaxes para o Responsábel da Informática:

  • Respaldo dun Servizo Técnico Avanzado para resolución de problemas e incidencias.
  • Acceso ao soporte para dúbidas e consultas sen custo.
  • Comunicación periódica de noticias de interés, novidades e boletíns de actualidade.
  • Tratamento ecolóxico de residuos de dispositivos de rede.

Vantaxes para o Responsábel de Administración:

  • Acceso ás prestacións dun soporte Profesional cuns custos controlados independentes do número de equipos informáticos.
  • Sistema de facturación moi favorábel que proporciona un desconto significativo nos prezos da M.O.
  • Desconto do 20% na adquisición de equipamento de rede.




[voltar] [imprimir] [enviar a un amigo...]

 
 
Titulares

[máis...]

 
URXENTE!!!
 
       
     
CC BY-ND Canon Ourense 2015 | Termos e condicións de uso