Home
 
Benvida/o a Canon
Canon é un líder mundial en productos de imaxe e solucións para a oficiña dixital.
   
 
quen_somos   información   accesouno   catálogos   drivers   contacto   ¦   asistencia_técnica  
 
 

SISTEMAS

Soporte Uno

Solucións eficaces para os seus problemas informáticos

A oferta de mantementos “Soporte Uno” de Canon é flexíbel e adáptase aos requerimentos e necesidades de traballo de cada cliente. Grazas ás modalidades existentes podemos garantir o correcto funcionamento do seu Sistema Informático en todos os apartados (hardware e software).

Cun único teléfono de contacto vostede recibirá a asistencia que precise en cada intre para solucionar os seus problemas informáticos e, ademais, contará cun Equipo Técnico e Comercial que lle proporcionará asesoramento personalizado e lle axudará a mellorar os seus procesos internos para rendibilizar o seu investimento.

Mantemento “infoSoporte-5”

Este contrato está pensado para aqueles que necesitan contar cun profesional da Informática que lle solucione os atrancos que se presentan no uso habitual dos ordenadores. Ofrécese baixo cinco modalidades: BASIC, PRO, EDU, AULA e NOTEBOOK, para axeitar perfectamente as prestacións e o custo ao tipo de instalación e ás necesidades de cada Cliente.

  • Soporte a equipos Windows, MacOS e GNU/Linux.
  • Análisis preventivo e seguemento para a incorporación de melloras en hardware e software.
  • Instrución do operador en técnicas básicas de traballo e utilización do equipo.
  • Atención presencial e remota para a resolución de problemas.
  • Asesoría Técnica Pre-Venda para instalación/actualización de hardware e software.
  • Consultoría sobre métodos e procedementos informáticos.
  • Análisis e optimización de sistemas. Comunicacións. Internet.

Exclúense explicitamente desta modalidade de mantemento as pezas necesarias para efectuar reparacións fóra de Garantía.

Mantemento “infoIntegral-5”

Ofrécese para aqueles clientes que desexen ter unha cobertura total hardware-software. Inclúe as mesmas prestacións que “infoSoporte-5” e, ademais:

  • Reparación/substitución (sen cargo) de compoñentes avariados dos equipos informáticos.



[voltar] [imprimir] [enviar a un amigo...]

 
 
Titulares

[máis...]

 
URXENTE!!!
 
       
     
CC BY-ND Canon Ourense 2015 | Termos e condicións de uso