Home
 
Benvida/o a Canon
Canon é un líder mundial en productos de imaxe e solucións para a oficiña dixital.
   
 
quen_somos   información   accesouno   catálogos   drivers   contacto   ¦   asistencia_técnica  
 
 

SISTEMAS

Asistencia remota on-line baixo demanda

Novo servizo de Soporte Técnico remoto para a resolución de problemas informáticos accesible vía Internet.

No noso obxectivo diario por mellorar o nivel de servizos ofrecidos aos nosos clientes, incorporamos a este website a posibilidade de conectar remotamente, mediante a opción 'Asistencia Remota' do menú superior, cun especialista informático para resolver rapidamente incidencias de software.

Con esta nova ferramenta estaremos en condicións de diagnosticar e solucionar un grande número de problemas directamente dende as nosas oficiñas, o cal se traducirá nunha disminución do tempo de resposta e, en consecuencia, nunha mellora da atención dispensada.

Conscentes de que a seguridade é un tema moi importante para os nosos clientes, decidimos proporcionar este servizo mediante a aplicación NTR Support desenrolada por NTR. As estrictas medidas implementadas impiden o acceso aos datos, programas e sistemas ás persoas non autorizadas. Con Inquiero non é preciso abrir portos, muda-la configuración de rede ou firewall ou modificar tablas NAT e tódalas sesións de control remoto utilizan encriptación punto a punto AES (Advanced Encryption Services) de 256 bits.

Algunhas das características máis salientables deste sistema son as seguintes:

  • Chat instantáneo, respostas predefinidas e carga de URL's.
  • Control Remoto.
  • Diagnóstico Remoto.
  • Escritorio compartido.
  • Co-surfing.
  • Non require a instalación previa de software para a utilización por parte do cliente.
  • Entrada rápida á sesión –arquivo de descarga máis pequeno (20-60k) dispoñible no mercado hoxe en día.
  • Deseñado para operar con todo tipo de conexións: módem, RDSI, ADSL, cable,...

O cliente que demande este servizo recibirá notificacións de accesos de seguridade/permisos e terá un control absoluto sobre todas as accións que o operador realice no decorrer dunha sesión. Pódese incluso restrinxi-lo control remoto a unha determinada aplicación ou a un grupo de aplicacións e non é posíbel a transmisión de ningún arquivo sen o coñecemento e a aprobación expresa por parte do cliente, deste xeito queda totalmente garantida a privacidade dos teus documentos e ficheiros de datos.

Con este servizo seguimos apostando claramente por mellorar a calidade da atención que ofrecemos aos nosos clientes e aos seus sistemas informáticos. Nunha primeira fase estará accesible unicamente a clientes con Contrato de Mantemento (infoSoporte/infoIntegral) e sempre na modalidade 'baixo demanda'.




[voltar] [imprimir] [enviar a un amigo...]

 
 
Titulares

[máis...]

 
URXENTE!!!
 
       
     
CC BY-ND Canon Ourense 2015 | Termos e condicións de uso